Sobor Lugo, provincia románica
A arte románica na provincia de Lugo é unha testemuña fascinante da riqueza cultural e artística de Galicia, resaltando a súa diversidade de estilos como resultado de influencias locais e externas que se entrelazan nunha paisaxe monumental única.
Dende a catedral de Lugo, ata as xoias rurais como San Martiño de Mondoñedo ou Santo Estevo de Ribas de Miño; o románico lucense reflicte tanto a conexión cos grandes centros artísticos, como Santiago de Compostela, como a súa capacidade para desenvolver unha identidade propia.
A través do programa Lugo, provincia románica, a Deputación pon a disposición da cidadanía a posibilidade de visitar parte desta xeografía artística que converteu a este territorio nun crisol de correntes escultóricas e arquitectónicas a través dunha serie de visitas guiadas e gratuítas en maio e xuño de 2025.