Sobor Día da transromanica
O 9 de maio do 2024 celébrase en Europa o Día da TRANSROMANICA.
A Deputación de Lugo, como membro desta entidade que promove o patrimonio románico en Europa como fonte de desenvolvemento e riqueza, ofrece unha serie de visitas guiadas de carácter gratuíto co fin de achegar á cidadanía algúns dos monumentos máis representativos deste estilo na nosa provincia.